Publicador de contidos
Publicador de contidos

Máis do 82 % da poboación de 5 e 11 anos recibiu a primeira dose da vacina

Máis do 82 % da poboación de 5 e 11 anos recibiu a primeira dose da vacina

Galicia é a comunidade coa maior porcentaxe de poboación infantil vacinada

G24.gal 12/02/2022 21:35

O mércores comezaron a recibir a segunda dose da vacina contra a covid os nenos galegos de entre nove e once anos. Ata agora, o 86 % dos citados acudiron á convocatoria. A Consellería de Sanidade cre que a maior parte dese 14 % de ausencias son casos de pequenos que se contaxiaron e que deben agardar un mínimo de oito semanas para poder continuar coa pauta de vacinación. O Sergas insistirá e volverá convocalos.

Galicia foi a primeira comunidade en alcanzar o 70 % de cativos de entre 5 e 11 anos coa primeira inxección, obxectivo que fixara o Goberno para o 7 de febreiro. Co 82 % da poboación diana coa pauta iniciada, encabeza o proceso de vacinación infantil en España.

Os nenos de entre 7 e 9 acudiron á primeira cita de vacinación a comezos de xaneiro, polo tanto o Sergas xa podería citalos para administrarlles a segunda dose nos primeiros días de marzo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade