Publicador de contidos
Publicador de contidos

Máis do 17% da mocidade presenta síntomas de depresión grave e moderada

Máis do 17% da mocidade presenta síntomas de depresión grave e moderada

Segundo un estudo da USC a cifra de adolescentes con ideas suicidas recorrentes elévase a un 12,7 % 

Na rapazada cunha orientación sexual non heteronormativa a taxa de depresión duplícase 

Campaña do Comité en Primeira Persoa de Saúde Mental FEAFES Galicia
G24.gal 11/12/2022 14:31 Última actualización 11/12/2022 14:59

Un dos colectivos onde as ideas suicidas e os síntomas de depresión están a aumentar notablemente é o da mocidade. Así o apunta un informe da Universidade de Santiago e da Fundación Barrié que constata que o benestar emocional dos adolescentes está cada vez máis deteriorado.

Cando as cifras representan a suma dos casos individuais de cada mozo ou moza que sofre acoso escolar, sexting, adición aos videoxogos ou illamento social, ofrecen unha radiografía clara da saúde mental da rapazada. É unha prioridade para a Organización Mundial da Saúde que se constata cada día nas aulas, nas casas e nas consultas médicas.

"Temos un 17,6 % cunha sintomática depresiva e niso concordo co que as institucións, e neste caso Galicia de maneira responsable, saben. Xa se puxo en marcha un plan de detección precoz do suicidio e da depresión porque é un problema". 

As cifras de adolescentes que teñen ideas suicidas recorrentes elévanse a un 12,7 % con diferenzas importantes de xénero. 

"O benestar emocional é independente do xénero? Non. As rapazas viven nunha sociedade con moita presión das redes sociais e cunhas esixencias, e unha "cousificación" da imaxe persoal, da persoa a través do físico. A peaxe que ten que pagar unha moza para ser recoñecida, valorada socialmente e ser aceptada e sentirse alguén, é moito maior da que ten que pagar un rapaz. Entón non estamos facendo boas políticas de igualdade". 

Na rapazada cunha orientación sexual non heteronormativa a taxa de depresión duplícase.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade