Publicador de contidos
Publicador de contidos

Máis dun cento de alumnos compiten nas primeiras olimpíadas para ciclos básicos de FP

Máis dun cento de alumnos compiten nas primeiras olimpíadas para ciclos básicos de FP

A idea é motivar o alumnado para que non abandone os estudos e se siga formando

É a primeira olimpíada de FP Básica de Galicia

G24.gal 26/05/2022 15:55

Máis dun cento de alumnos compiten nas primeiras olimpíadas de FP Básica de Galicia. Un certame pensado para impulsar o prestixio destas ensinanzas. 

En Pontevedra librouse este xoves unha dura competición entre o alumnado dos ciclos de Agroxardinería e Florería. Estas olimpíadas xa existían a nivel estatal e galego nos graos medio e superior de FP, pero esta é a primeira vez que se organiza nos niveis máis básicos.

A idea é motivar o alumnado para que non abandone os estudos e se siga formando en profesións como a xardinería, a carpintería, a electrónica ou a restauración. Ademais aquí compiten tamén estudantes con necesidades educativas especiais que participan nos programas formativos da Xunta.

A primeira olimpíada de FP Básica de Galicia, máis que repartir medallas o que busca é dar a coñecer unhas ensinanzas nas que moitos rapaces atopan o seu oco.

O 20 de xuño abrirase a matrícula para estes ciclos básicos nos que o alumnado que non rematou a ESO aprende oficios relacionados coa agricultura, a restauración, a electrónica ou a automoción.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar