Máis dun milleiro de voos van operar en Galicia esta Semana Santa
Máis dun milleiro de voos van operar en Galicia esta Semana Santa
O aeroporto de Santiago ten programadas 682 conexións ata o luns de Pascua
A Semana Santa arranca cunha fin de semana de menos voos ca o ano pasado
Nesta fin de semana van operar en Galicia 332 voos, son trinta menos que os rexistrados o ano pasado. Baixan as conexións previstas nos tres aeroportos neste comezo da Semana Santa.
"Imos oito días a Palma de Mallorca, fixemos un intercambio de casa".
"A ver se podemos gozar un pouco xuntos e ir á praia".
"Imos buscando sol, pero paréceme que nos vai chover", din varios pasaxeiros.
A terminal de Santiago mantense coma a de maior actividade das tres. No Rosalía de Castro, Aena programou para este sábado 60 voos, fronte aos 18 de Alvedro e aos 27 de Peinador.
"Que imos facer? Moitas cousas".
"Madrugar non, non mola madrugar".
"Relaxarnos un pouco", comentan algúns viaxeiros.
Ata luns de Pascua serán máis de 1.200 voos en Galicia, mil deles con destino nacional.