Escolares da Barbanza celebran o Día Internacional das Persoas con Discapacidade
Escolares da Barbanza celebran o Día Internacional das Persoas con Discapacidade
Máis de mil alumnos da comarca chegaron ao parque da Cachada, en Boiro, para participar na quinta edición do Festirititi
Este sábado conmemórase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, pero en Boiro adiantaron a celebración. Máis dun milleiro de alumnos de 16 centros escolares de toda a comarca participaron na quinta edición do Festirititi.
Trátase dun festival pola inclusión e a integración organizado pola asociación Amicos, en que escolares e usuarios dos centros de educación especial comparten xogos de igual a igual.
Os máis de mil alumnos da comarca da Barbanza convidados á quinta edición do Festirititi chegaron ao parque da Cachada, en Boiro, con moitas ganas de divertírense, sen excluír a ninguén.
E niso consiste precisamente esta iniciativa posta en marcha pola asociación Amicos en 2018.
Maca, que foi a encargada de darlles a benvida aos asistentes, lembra precisamente a primeira vez que participou no festival e o ben que se sentiu xogando cos outros nenos.
O pano, o escondite inglés ou a corda foron algúns dos xogos tradicionais que serviron de fío condutor para lograr o obxectivo común: divertírense todos xuntos.