Publicador de contidos
Publicador de contidos

Deteñen cando menos trece persoas nun operativo contra o tráfico de haxix e cocaína en Galicia e Andalucía

Deteñen cando menos trece persoas nun operativo contra o tráfico de haxix e cocaína en Galicia e Andalucía

A operación, que realiza a Garda Civil, segue aberta e desenvólvese principalmente na comarca do Salnés e na cidade de Vigo

G24.gal 12/09/2023 15:13 Última actualización 12/09/2023 21:12

O Equipo de Delincuencia Organizada Antidroga (EDOA) da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra realiza un operativo contra o tráfico de haxix e cocaína en varias localidades do Salnés, e tamén Vigo, amais de en Andalucía.

Segundo apuntaron fontes da investigación, polo momento producíronse cando menos 13 detencións. Deses arrestados, doce producíronse na provincia de Pontevedra, mentres que o último realizouse en Córdoba.

Así mesmo, o operativo continúa aberto, e xa se realizaron unha ducia de rexistros e realizouse unha incautación de preto de 50.000 euros.

A operación está coordinada polo Xulgado de Instrución número 1 de Cangas afirmaron que non ten relación co pesqueiro que esta mañá chegou ao porto de Vigo con máis de dúas toneladas de cocaína a bordo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade