Malestar entre os veciños de Xunqueira de Espadanedo polo afundimento da estrada OU-536
Malestar entre os veciños de Xunqueira de Espadanedo polo afundimento da estrada OU-536
O firme da ponte sobre a estrada OU-536 volveu afundirse e hai preocupación entre a veciñanza
Problema crónico na estrada que pasa por Xunqueira de Espadanedo. O firme da ponte que hai sobre a estrada OU-536 volveu ceder, apenas 3 meses despois da súa reconstrución.
Aseguran que é un perigo para os coches, porque o firme volveu ceder e por aquí pasan a diario moitos veciños que atravesan esta ponte na estrada OU-536 que une Ourense co concello de Trives.
As obras de mellora remataron en outubro e agora din que está máis perigoso que antes. Os veciños sinalan que o burato que hai é "terrible". Circulan co temor de que "calquera día pode haber unha desgraza maior".
Piden unha solución que arranxe o problema definitivamente. Estrada Ou-536 é titularidade da Xunta e en outubro os técnicos da Axencia Galega de Infraestruturas, o problema non é estrutural. Desde o Concello din que xa deron aviso da necesidade de actuar de novo neste punto.