Malestar entre os veciños e comerciantes pola aparición de ratas no centro de Ferrol
Malestar entre os veciños e comerciantes pola aparición de ratas no centro de Ferrol
Din que a proliferación pode estar relacionada coas obras que se están a levar a cabo na zona
O Concello está ao tanto e asegura que vai tomar medidas de inmediato
Son as veciñas que ninguén quere e que desta volta se deixaron ver polas rúas máis céntricas de Ferrol. "Unha rata así de grande", comenta un residente.
E hai tamén quen di que aproveitaron para pasear entre as terrazas que hai repartidas pola rúa, en máis dunha ocasión. "Apareceron aquí polos soares que hai sen ocupar. Falta mantemento, hai moitas obras na rúa, as ratas altéranse e saen. Pode ser que como están co saneamento".
Outros pensan que as ratas non son o único problema que hai na zona. "É como as pombas, que teñen moitas enfermidades e son moi sucias".
Confían en que se trate dun problema transitorio que acabe en canto rematen as obras. O Concello que xa está ao tanto, di que vai tomar medidas de inmediato.