Publicador de contidos
Publicador de contidos

Malestar veciñal en Silleda polas ruidosas molestias dun polémico pub

Malestar veciñal en Silleda polas ruidosas molestias dun polémico pub

Os veciños recollen sinaturas para que o concello tome medidas contra o establecemento

G24.gal 28/10/2022 14:03

Veciños da rúa Venezuela, en Silleda, estanse a unir para lle poñer freo a un problema que lles quita o sono. Literalmente, porque é diso do que se queixan, de non poder descansar polas noites polo ruído que sae dun pub. 

Trátase dun local, o Dejavu, que normalmente din os veciños abre ás 6 ou 7 da tarde e nas fins de semana, cando pecha as súas portas arredor das 5 da maña, a festa segue no interior. Denuncian estar fartos, tanto do ruído pola falta de insonorización como da inseguridade e insalubridade que xeran nesta rúa e nas máis próximas a ela.

Levan denunciado dende hai meses a situación e recolleron polo momento 70 sinaturas entre a veciñanza para tratar de convencer o Concello de que actúe con máis contundencia. Os propietarios tiveron outro local nesta mesma rúa, a bastantes metros de distancia, e algúns veciños xa comentaban que ata que pechou os problemas eran similares aos que sofren agora os que viven máis preto do establecemento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade