Malia o triunfo, Galicia precisa gañar o último partido para chegar á final
Malia o triunfo, Galicia precisa gañar o último partido para chegar á final
Impúxose por 2-1 a Zenica (Bosnia), pero a peor diferenza de goles con Baviera obrígaos a gañar na última xornada ao equipo alemán
A selección galega sumou o segundo triunfo na Copa das Rexións da UEFA. Gañou por 2-1 ao Zenica Doboj (Bosnia Herzegovina) nun encontro en que precisaba unha goleada para chegar con vantaxe á última xornada.
O triunfo de Baviera sobre a República de Irlanda marcaba este partido. Os alemáns tamén asinaban seis puntos e un +7 na diferenza de goles. Galicia comezaba cun +2 e só cunha gran goleada podía igualar os rexistros de Baviera.
Álex Rey plasmou a superioridade galega cun gol no primeiro tempo. Galicia saiu en tromba na segunda parte e engadiu un tanto máis co gol de Adri Otero. Era o momento do partido pero a efectividade goleadora quedou aí. Para colmo, Zenica marcou un gol de córner directo e deixou o resultado en 2-1.