Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Fiscalía investiga unha malleira da policía a unha muller trans en Milán

A Fiscalía investiga unha malleira da policía a unha muller trans en Milán

O vídeo desta detención da policía local de Milán fíxose viral e a fiscalía investiga os feitos

A vítima é unha muller trans de orixe brasileira

 

 

 

G24.gal 25/05/2023 08:41 Última actualización 25/05/2023 09:30

Polémica en Italia pola violenta detención dunha muller en Milán. A fiscalía investiga a actuación destes policías locais. Esta secuencia foi gravada dende unha biblioteca universitaria e fíxose viral pola súa brutalidade e a indefensión da vítima, unha muller trans de orixe brasileira.

Segundo as autoridades municipais, actuaron así despois dun aviso de que esta persoa estaba amosando actitudes de acoso nunha escola próxima. A versión policial é que fuxiu deles e acabaron prendéndoa deste xeito. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade