Man a man entre Jorge Cagiao e Álvaro Muñiz pola Copa de España de rallys de asfalto
Man a man entre Jorge Cagiao e Álvaro Muñiz pola Copa de España de rallys de asfalto
Os dous pilotos galegos son os únicos con opcións no derradeiro rally do CERA
A próxima semana dous pilotos galegos pelexarán por gañar a Copa de España de rallys de asfalto: o naronés Jorge Cagiao e o coruñés Álvaro Muñiz.
A medio camiño entre A Coruña e Narón quedamos cos dous aspirantes a un título que se decide a un todo ou nada a vindeira semana en Valencia. As contas, como explica Álvaro Muñiz, non teñen misterio.
"A temporada é dunha carreira, todo o feito non vale de nada".
O naronés Jorge Cagiao, aos mandos do seu Alpine, un coche de lenda, foi este ano a sensación das carreiras.
"Pode que sexamos a revelación. Imos dalo todo".
Xa sexa para Cagiao ou para Muñiz, este ano, como o pasado cando gañou Víctor Senra, o importante é que a Copa de España de asfalto vai volver vir para Galicia.