Publicador de contidos
Publicador de contidos

O prazo para solicitar a axuda de 12.000 euros da Xunta para doentes de ELA abre este mércores

O prazo para solicitar a axuda de 12.000 euros da Xunta para doentes de ELA abre este mércores

Este ano tamén poderán solicitar a axuda as persoas diagnosticadas de Esclorose Lateral Primaria e de Amiotrofia Espiñal Progresiva

G24.gal 25/06/2024 18:34 Última actualización 25/06/2024 19:32

O Diario Oficial de Galicia publica este martes unha nova convocatoria de axudas destinadas a persoas afectadas por esclerose lateral amiotrófica (ELA). Os apoios son de 12.000 euros e poderán solicitarse a partir deste mércores.

A Xunta puxo en marcha esta medida o ano pasado para axudar os doentes e as súas familias a facerlles fronte aos gastos que provoca esta doenza en tratamentos ou en adaptar as vivendas. A novidade da convocatoria deste ano é que tamén poderán solicitar a axuda as persoas diagnosticadas de esclerose lateral primaria e de amiotrofia espiñal progresiva.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou hoxe un dos douscentos beneficiarios destas axudas o ano pasado para coñecer de primeira man as necesidades destes doentes. O xefe do Goberno galego destacou que Galicia é a única comunidade que ofrece este tipo de axuda directa e animou a que outras administracións se sumaran a apoiar os afectados por ELA.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade