Este xoves comeza o prazo de matrícula nas escolas infantís autonómicas
Este xoves comeza o prazo de matrícula nas escolas infantís autonómicas
Os menores poderán asistir de balde durante oito horas diarias once meses ao ano
Este xoves comeza o prazo para formalizar a matrícula das escolas infantís públicas autonómicas. Estará aberto ata o vindeiro 14 de xuño.
As familias deberán presentar o impreso cuberto xunto a unha copia da cartilla de vacinación do cativo.
Poderán facelo no centro en que obtiveron a praza ou ben a través da sede electronica da Xunta. O inicio do curso para o vindeiro ano nos centros de 0 a 3 anos está previsto para o 5 de setembro.
Para este curso, 2023-2024, a atención educativa volverá ser gratuíta, tanto nas escolas infantís públicas autonómicas, coma nas municipais, as de iniciativa social e a grande maioría das privadas.
Os menores poderán asistir sen pago mensual un máximo de oito horas diarias e durante un máximo de once meses ao ano. O listado definitivo de admitidos nos máis de 170 centros poderá consultarse na páxina web da Consellería de Política Social e Xuventude.