Este venres pasará a disposición xudicial o home que supostamente matou a súa irmá en Lavadores
Este venres pasará a disposición xudicial o home que supostamente matou a súa irmá en Lavadores
A Xunta confirmou que o home estaba tutelado pola administración desde 2015
Este venres pasará a disposición xudicial o home detido en Vigo por matar supostamente a súa irmá na parroquia viguesa de Lavadores.
Juan, de 63 anos, está tutelado pola administración galega a través da FUNGA. A Xunta tamén confirma que a familia contactou telefónicamente coa fundación o luns amosando a súa preocupación pola descompensación do home de 73 anos.
No barrio de Cambeses en que vivía a muller seguen conmocionados polo asasinato, tamén onde vivía o suposto homicida na vella casa familiar do camiño de Curros.
Un dos netos da vítima é dos máis afectados, xa que lle insistía a súa avoa para que non fose soa a casa do irmán polo seu carácter violento sobre todo coas persoas da familia, e máis aínda coas mulleres.
Preocupada por isto, Mari Carmen non quixo que a coidadora fose a casa do seu irmán e substituína ela este mércores para levarlle comida e cartos. Unha visita que rematou coa morte da muller vítima dun acoitelamento.
A investigación iniciada este luns pola Xunta será clave agora para que o xulgado decida se o home precisa agora ingreso hospitalario ou non.