Publicador de contidos
Publicador de contidos

Este sábado sae de Lugo a VIII edición da Ruta de Autocaravanas Yakart Camiño de Santiago

Este sábado sae de Lugo a VIII edición da Ruta de Autocaravanas Yakart Camiño de Santiago

Na oitava edición participan 45 autocaravanas chegadas de toda España

Este ano amplían a duración de sete a nove dias

O domingo 14 chegarán á praza do Obradoiro

Peregrinación Yakart do ano pasado
G24.gal 05/07/2024 14:11

Todo a punto para iniciar a oitava Ruta de Autocaravanas Yakart Camiño de Santiago.  Os 45 vehículos que toman parte na edición deste ano comezan a chegar ao punto de encontro en Lugo. Este sábado arrancan nove días de viaxe coñecendo e desfrutando da paisaxe e a gastronomía galega.

Despois de oito anos celebrando esta ruta os organizadores decidiron que unha semana non é suficiente para gozar de Galicia, e este ano amplíase a duración da viaxe, que será de nove días. Sairán de Lugo cara á Mariña. Pasarán pola Coruña, O Grove, Sanxenxo e Combarro para culminar a peregrinación o día14 de xullo na praza do Obradoiro.

"É outra forma de viaxar e de entender o turismo.  Así o pensan os autocaravanistas.

" Ten unha liberdade e unha convivencia que non consegues nun hotel." " Sempre imos coa maleta ás costas e temos toda a liberdade do mundo para parar onde queiramos. LIberdade de horario e de movemento."  "Marcas un destino ao que ás veces non chegas e paras polo camiño coñecendo outros lugares", aseguran os participantes

As comodidades que inclúen van a gusto e peto do consumidor. 

" Con todas as comodidades do mundo. Levámolo equipado coma unha casa", din. 

Hai quen aproveita para viaxar, pero xa tamén como vivenda. 

"O meu marido traballa en obras e eu teletraballo, así que aproveitamos para estar xuntos", contan.

A oitava Ruta Yakart Camiño de Galicia amplía este ano a duración. Antonio Jul, organizador da Ruta Yakart di que este ano a duración será de nove días e non sete como en edicions anteriores porque así o demandan os participantes, que queren desfrutar máis tempo de Galicia.

Unha clase de turimo en auxe. Galicia é a comunidade con máis áreas de estacionamento para autocaravanas de España.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade