Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os peregrinos que escollen este tempo para facer o Camiño recoñecen que non está masificado

Os peregrinos que escollen este tempo para facer o Camiño recoñecen que non está masificado

Algúns aproveitan os últimos días de vacacións antes de volver á rutina para recorrer a ruta xacobea

G24.gal 31/08/2024 14:10

Paseniñamente os peregrinos encaran os últimos quilómetros antes de chegar a Sarria. O día con falta de sol non é un problema para camiñar.

É a primeira vez que Fran fai o Camiño. Non aprecia aglomeracións nos albergues. Tampouco Luis Miguel, que leva un mes na ruta desde Francia e que apreveita para coñecer os lugares polos que atravesa. 

Esta peregrina da República Checa demostra que coñece o Camiño. Comenta que xa o fixo na primavera desde Vigo e que agora cambiou ao Francés, que lle gusta máis.

En cinco días máis incrementarán os 76.000 peregrinos que xa chegaron a Compostela este mes, uns cinco mil máis que o ano pasado. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade