O alcalde do Porriño percorre o concello en autocaravana para escoitar os veciños
O alcalde do Porriño percorre o concello en autocaravana para escoitar os veciños
Alejandro Lorenzo visita as distintas parroquias sete días ao mes
Di que aposta pola política de rúa, de camiño e de regato. Por iso o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, trasládase nunha autocaravana aos distintos recunchos do concello.
O vehículo visita as parroquias 7 días ao mes. Nela ademais do rexedor, viaxan concelleiros e funcionarios para realizar os trámites que demandan os cidadáns. Uns veciños que xa dende primeira hora da mañá agardaban por este despacho rodante.
O contacto directo facilita a presentación e a resolución dos problemas. Tamén é un xeito de promover a interacción dos maiores con dificultades para trasladarse.
A iniciativa, pioneira en España, xa chegou aos oídos doutros alcaldes, que están pensando en cambiar o despacho pola autocaravana.