Manifestación dos traballadores de Ence para esixir a permanencia da factoría
Manifestación dos traballadores de Ence para esixir a permanencia da factoría
Están á espera de que o Tribunal Supremo se pronuncie sobre os recursos contra a anulación da prórroga da concesión
Os traballadores de Ence volveron ás rúas este serán para esixir a permanencia da fábrica de celulosa á beira da ría de Pontevedra baixo o lema "Por un futuro e traballo digno en Pontevedra".
Esta manifestación, que rematou na Subdelegación do Goberno, desenvolvese á espera de que o Tribunal Supremo se pronuncie sobre o primeiro dos recursos que se presentaron contra a sentenza da Audiencia Nacional que declarou nula a prórroga da concesión da pasteira en Lourizán.
Co seu futuro sobre a mesa, os traballadores manifestaron este venres o seu desexo de seguir traballando en Pontevedra. Din que pechar unha empresa rendible é unha irresponsablidade e agardan que o Tribunal Supremo poña cordura e sensatez neste proceso. Ence leva parada dende xullo por mor da seca cun ERTE que afecta sesenta persoas ao día.
"O que queremos e visibilizar a nosa situación, a nosa angustia. Levamos tres anos con esta mobilización. Facer esta manifestación masiva é unha maneira de visibilizar e de dicirlles aos maxistrados do Tribunal Supremo, estamos aquí, queremos unha resolución, unha resolución a favor", di Ana Cedeira, presidenta do comité de empresa de oficinas de Ence.
"Agardamos que o Tribunal Supremo poña cordura, sentido común. A fábrica non só é unha fábrica. Hai moita xente en toda Galicia, do sector forestal, do transporte", afirma Manuel Rivas, presidente do comité de empresa de fábrica de Ence.