Manifestacións en Valencia e Donostia en contra do pasaporte da covid
Manifestacións en Valencia e Donostia en contra do pasaporte da covid
Consideran que é "un ataque en contra dos dereitos e liberdades fundamentais"
Poñen en dúbida as vacinas e a súa administración a menores
Milleiros de persoas saíron esta tarde á rúa en Donostia e en Valencia para amosar o seu rexeitamento ao pasaporte da covid. En Euskadi denunciaron esta medida como "unha imposición" do Goberno" que limita a liberdade para acceder a determinados espazos pechados e que prexudica a sectores coma o hostaleiro.
O certificado de vacinación está considerado polos manifestantes como "un ataque en contra dos dereitos e liberdades fundamentais".
En Valencia os manifestantes, a maioría sen máscara e sen distancia de seguridade, volveron saír este sábado tamén para expresar o rexeitamento ás vacinas, en especial para menores e criticar tamén o pasaporte que nesta comunidade está vixente desde o 4 de decembro.