Publicador de contidos
Publicador de contidos

Manoliño volveuse deixar ver en augas de Portosín

Manoliño volveuse deixar ver en augas de Portosín

Non debemos interactuar co golfiño galego 

A lei prohibe tocar este tipo de animais e podemos ser sancionados

G24.gal 20/08/2023 20:20 Última actualización 20/08/2023 20:50

Manoliño volveu aparecer estes días na beiramar de Portosín.

"Sei que leva un par de anos vindo, que o domingo pasado estivo en Boa, e o ano pasado veu aquí".

E cando Manoliño, ou Confi, se asoma saudar, é todo un espectáculo.

"Si, algún ano si que o vin, porque veño todos os anos veranear, e si, foi moi emocionante a verdade".

Cada vez que o golfiño galego se deixa ver polas praias, sempre hai algún bañista que o toca e interactúa con el.

"Un día estaba na praia, puiden falar con el... puiden tocalo, veu cara a min".

E cando lle preguntamos á xente que faría se o vise na súa praia, a resposta adoita ser que irían nadar con el. Pero é que hai persoas que non saben que estes animais poden transmitir enfermidades de pel e pulmonares e que, ademais, canto máis tempo pase o golfiño con seres humanos, menos quererá estar cos da súa propia especie.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar