Publicador de contidos
Publicador de contidos

Manos Limpias amplía a denuncia contra Begoña Gómez e apunta a Sánchez como "colaborador"

Manos Limpias amplía a denuncia contra Begoña Gómez e apunta a Sánchez como "colaborador"

O sindicato asegura que as axudas a Globalia (Air Europa), poderían implicar o presidente

Pídelle ao xuíz que reclame á Moncloa os teléfonos de Begoña Gómez e as listaxes de chamadas

Miguel Bernad confirma que o sindicato vai transformar en querela a denuncia contra Begoña Gómez
G24.gal 03/05/2024 14:25

O sindicato Manos Limpias transformará nunha querela a denuncia contra a muller do presidente do Goberno, e presenta unha ampliación con novos datos. Pídelle ao xuíz que reclame á Moncloa os teléfonos de Begoña Gómez e o seu rexistro de chamadas. 

E presenta un informe xurídico centrado nas axudas millonarias a Globalia, o grupo propietario de Air Europa.  O rescate da aeroliña é, segundo o sindicato, a operación que podería implicar o presidente do Goberno. Manos Limpias sostén que Pedro Sánchez estaba ao tanto dos negocios da súa muller e puido ser presuntamente "encubridor e colaborador necesario". 

Miguel Bernad, o secretario xeral do sindicato, aclara que os documentos achegados por eles non son unha denuncia directa contra Pedro Sánchez. "Seguimos centrados en Begoña Gómez", asegura. Pero apunta a que se o xuíz de Madrid apreciara indicios de responsabilidade no papel do presidente, tería que inhibirse e deixar o caso nas mans do Tribunal Supremo. 

A denuncia que deu orixe ao caso basease en informacións publicadas por varios medios de comunicación. Agora este novo documento foi elaborado directamente por eles. 

De momento, o xuíz chamou a declarar a catro xornalistas, pero Manos Limpias, non descarta que proximamente encargue máis dilixencias de investigación. E acusa o fiscal de entorpecer a investigación. Como exemplo pon que recorrera a apertura da causa directamente diante da Audiencia Provincial en lugar de pasar antes polo propio xuíz. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade