Manu Taibo, o patinador de ouro
Manu Taibo, o patinador de ouro
Acaba de volver do Mundial da Arxentina con catro metais: un ouro, unha prata e dous bronces
Esta fin de semana viaxa a Alemaña para preparar a temporada sobre xeo
Manu Taibo acaba de regresar da Arxentina con catro metais colgados ao pescozo. Aos seus 17 anos, o patinador de Oleiros xa é, entre outras cousas, o terceiro mellor do mundo en maratón, a distancia máis esixida.
Amais deste bronce, Manu conseguiu un ouro nos mil metros esprinte, unha prata en dez mil metros puntuación e un segundo bronce nos 15 quilómetros eliminación.
Este domingo, Manu porá rumbo a Alemaña para preparar a temporada de xeo canda o resto de compañeiros da selección española.
En quince días dispútanse dúas Copas do Mundo en Finlandia, a primeira proba de fogo para o patinador galego.