Publicador de contidos
Publicador de contidos

Manuel Cabezas avanza que deixará o Concello de Ourense

Manuel Cabezas avanza que deixará o Concello de Ourense

Manuel Cabezas anuncia a súa retirada como concelleiro en Ourense minutos despois de rematar o pleno de investidura que proclamou a Jácome como alcalde

Asegura que non tivo coñecemento previo do acordo de investidura que o seu partido negociou con Democracia Ourensana

Manuel Cabezas. candidato popular á alcaldía de Ourense
G24.gal 17/06/2023 15:41 Última actualización 17/06/2023 19:08

O candidato do PP á alcaldía de Ourense, Manuel Cabezas, visiblemente contrariado, anunciou que vai deixar o seu posto como concelleiro.

"Onde non podo facer o que penso, eu non estou a gusto", explicaba á saída do pleno de investidura de Gonzalo Pérez Jácome como alcalde da cidade de Ourense. Nas súas palabras, aseguraba: "Prometín que me mantería, seguiría no Concello se podía facer o que quero facer, e non podo facelo".

Ante os medios de comunicación, nas escaleiras do concello ourensán, Cabezas asegurou que el mantivo a súa palabra de non pactar con Jácome, xa que mantivo ata o último momento a oferta para un goberno tripartito, primeiro con el como alcalde e xa o venres cedéndolle o bastón de mando ao seu rival socialista, Paco Rodríguez, con que dixo entenderse ben e manter unha boa relación.

A responsabilidade do PP galego

Manuel Cabezas insistiu en que a responsabilidade sobre o que sucedeu en Ourense e sobre o pacto de investidura que asinou o PP con Democracia Ourensana está na dirección galega do PP en Santiago e "serán eles os que o teñen que explicar".

Cre que pesou a idea de manter o goberno da Deputación de Ourense, pero que debe de ser a cúpula galega do partido a que explique as negociacións.

O candidato popular en Ourense aseguraba que soubo da existencia do acordo "minutos antes do pleno" e con claridade expresou as súas discrepancias co mesmo.

Sobre o seu futuro político desbotou ir ao Senado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade