Publicador de contidos
Publicador de contidos

Manzaneda comeza a campaña de neve o día 27

Manzaneda comeza a campaña de neve o día 27

Actividades de montaña por se se demoran as nevaradas

Reforzan o dispositivo antineve na montaña ourensá

G24.gal 10/11/2021 08:56

Os operarios poñen a punto os teleféricos e fan as probas de carga, arranxan as pistas ou comproban o funcionamento dos canóns de neve artificial.

E é que todo ten que estar a punto na estación de Manzaneda para o día 27 dar por comezada a campaña de deportes de inverno. Mesmo poderían adiantala se as nevaradas chegan antes. O obxectivo é aproveitar o crecente turismo activo de montaña.

Circular polas estradas de montaña ten os seus riscos, e máis coas nevaradas. Por iso, a Xunta de Galicia reforzou o dispositivo de vixilancia e limpeza de vías en toda a montaña ourensá coa entrega de coitelas quitaneve nos nove concellos onde máis afecta o tempo de inverno. Un material para garantir a circulación segura de veciños e turistas.

Situada a case 1.800 metros, a de Cabeza de Manzaneda é a única estación de esquí en Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade