Cargando resultados...
María Teresa Fernández de la Vega inaugura o curso da UNED en Pontevedra
Defende a educación como ferramenta para cambiar o mundo
G24.gal
09/11/2021 18:56
A presidenta do Consello de Estado inaugurou esta tarde en Pontevedra a Aula Magna Mulleres por África, no edificio da UNED en Pontevedra.
María Teresa Fernández de la Vega foi a encargada de impartir a lección inaugural no acto de apertura deste curso académico 2021-22, no que defendeu a capacidade da educación para cambiar e mellorar o mundo.