Marcha cívica na Coruña para esixir a devolución da Casa Cornide
Marcha cívica na Coruña para esixir a devolución da Casa Cornide
A plataforma Comisión Aberta en Defensa do Común pídelle á Xunta que declare o inmoble ben de interese cultural
A plataforma Comisión Aberta en Defensa do Común celebrou na Coruña a terceira marcha cívica pola devolución da Casa Cornide, co apoio de máis dun cento de entidades do ámbito nacional e internacional.
Baixo o lema "Que devolvan todo o roubado", a manifestación saíu desde a praza de María Pita. Á cabeza, os actores Fernando Morán e Isabel Risco caracterizados como Francisco Franco e Carmen Polo. A marcha rematou cunha concentración diante da casa.
O xornalista Antón Luaces foi o encargado de ler o manifesto no que se reclama a recuperación da Casa Cornide para o patrimonio público.
A plataforma coruñesa insta á Xunta a declarar o inmoble ben de interese cultural antes de que remate o ano e pídelle ao Concello que presente canto antes unha demanda para recuperar a súa titularidade.