Publicador de contidos
Publicador de contidos

Marcha silenciosa na honra de Jéssica Méndez, dous anos despois do crime

Marcha silenciosa na honra de Jéssica Méndez, dous anos despois do crime

O coche que conducía foi alcanzado de xeito deliberado en Barro e morreu como consecuencia do impacto

Un xurado popular comeza a deliberar este luns sobre a culpabilidade do acusado que fora rexeitado pola vítima

Un momento da marcha deste domingo
G24.gal 17/03/2024 09:03 Última actualización 17/03/2024 20:48

Hai hoxe dous anos Jéssica Méndez, de 29 anos, faleceu no cruzamento da N-550 ao seu paso polo concello de Barro. Un coche chocou contra o seu e morreu como consecuencia do impacto.

O condutor, José Eirín, está acusado de bater de xeito deliberado contra a moza que rexeitara manter unha relación con el. O fiscal, que aprecia unha agravante por motivos de xénero, pide para el 24 anos de cárcere. 

No mesmo lugar do accidente e á mesma hora, familiares, veciñanza e autoridades participaron este domingo nunha marcha silenciosa que rematou cunha ofrenda floral e a lectura dun manifesto. A súa veciña e amiga, Pula Rey, pediu xustiza para ela. 

A Audiencia Provincial de Pontevedra acolleu esta semana o xuízo contra o acusado por asasinato, con xurado popular. O luns, comezan a deliberar sobre a súa culpabilidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade