Cargando resultados...
Marcus Paige estará de baixa entre 2 e 3 semanas
Sufriu unha luxación no ombreiro esquerdo
Foto @OBRADOIROCAB
G24.gal
20/10/2022 12:21
Última actualización 20/10/2022 12:42
O xogador do Monbus Obradoiro Marcus Paige sufriu unha luxación no seu ombreiro esquerdo. As probas médicas realizadas na Rosaleda determinan que o xogador estará de baixa entre 2 e 3 semanas, dependendo da súa evolución ante o tratamento prescrito.
O escolta obradoirista lesionouse nun dos últimos adestramentos previos ao partido ante Lenovo Tenerife, que xa non puido disputar.