Publicador de contidos
Publicador de contidos

María Araújo e Paula Ginzo, entre as elixidas para os xogos olímpicos

María Araújo e Paula Ginzo, entre as elixidas para os xogos olímpicos

As dúas galegas entran na lista de 12 que deu a coñecer o vigués Miguel Méndez

G24.gal 09/07/2024 10:25

As galegas María Araújo e Paula Ginzo estarán nos Xogos Olímpicos de París coa selección española de baloncesto. Así o deu a coñecer o tamén galego Miguel Méndez, máximo responsable do equipo feminino. 

As dúas entraron na primeira lista e tiveron unha participación destacada nos partidos de preparación para a cita olímpica. Pero faltaba entrar na derradeira criba, e aí estiveron tanto Araújo, xogadora do Çukurova de Turquía esta temporada, coma Paula Ginzo, que acaba de asinar polo Jairis de Alcantarilla para a vindeira campaña. 

As dúas galegas estarán acompañadas por: Queralt Casas, Maite Cazorla, María Conde, Laura Gil, Megan Gustafson, Mariona Ortiz, Leo Rodríguez, Leticia Romero, Alba Torréns e Andrea Vilaró. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar