María Guardiola evoluciona favorablemente e podería deixar pronto a UCI
María Guardiola evoluciona favorablemente e podería deixar pronto a UCI
A presidenta estremeña sufriu unha septicemia durante a recuperación dunha intervención cirúrxica
A máxima mandataria da comunidade estremeña permanece ingresada na unidade de coidados intensivos do Hospital Universitario de Cáceres, onde evoluciona de xeito favorable tras un proceso infeccioso que a obrigou a pasar polo quirófano.
María Guardiola comezou a sentir febre e malestar na tarde do pasado martes e, despois de acudir ao hospital o mércores e a realización da probas correspondentes, decidiuse intervila cirurxicamente.
Posteriormente sufriu unha sepse no proceso de recuperación, polo que tivo que ser atendida na unidade de coidados intensivos, onde aínda permanece.
Segundo o comunicado do Goberno autonómico, "cando así o determinen os médicos, María Guardiola retomará a súa axenda pública", pero polo momento a presidenta debe continuar na UCI ata que os profesionais decidan o seu traslado a planta, algo que podería producirse durante o día de hoxe.