Publicador de contidos
Publicador de contidos

De Pazo: "Se o xuíz non valida as probas, tiramos ao lixo o traballo das familias"

De Pazo: "Se o xuíz non valida as probas, tiramos ao lixo o traballo das familias"

A voceira das familias do Villa de Pitanxo pídelle ao maxistrado que aclare se aceptará a información ao non autorizar a Audiencia Nacional a saída do barco
 

G24.gal 19/05/2023 10:41 Última actualización 19/05/2023 11:24

As familias do Villa de Pitanxo pídenlle ao xuíz da Audiencia Nacional, a Ismael Moreno, que se pronuncie canto antes sobre o escrito que presentaron nas últimas horas e no que piden, entre outras cousas, que aclare se dará validez legal ás probas que obteña o buque Ártabro que navega rumbo a Terranova, para localizar o pecio. 

Nunha entrevista no Galicia por diante, a voceira das familias, María José de Pazo, insistiu en que o barco partiu sen a autorización xudicial do maxistrado e temen que iso anule unhas probas que serían, di, determinantes no proceso penal. 

"A alguén lle pasa pola cabeza que tras quince meses loitando para que saíse esa operativa, o sufrimento, o desgusto e a tristeza tan grande que temos todas as familias porque alguén poida dicir que as probas se cuestionan. A embarcación saíu sen o beneplácito do xuíz e sen garantías e criterios legais", apunta.

De Pazo di que "se hai unha invalidación das probas, tiramos todo á basura, todo o traballo, todo o sufrimento das familias". 

"Por que se chegou a estes extremos? Cando só había que colaborar coa xustiza e coordinarse co maxistrado. O que non é de recibo nun estado de dereito é que un xuíz diga que pon el a data xunto á empresa e que o barco marche sen avisar, sen comunicalo a ninguén", afirmou De Pazo. 

Insiste a voceira das familias e que "non teñen constancia" de que a bordo do buque viaxe un perito xudicial, tal e como sostén a Comisión de Investigación de Accidentes e Incidentes Marítimo, a CIAIM, organismo dependente do ministerio de transportes e o que lidera a operativa de localización do pecio. 

De Pazo quéixase do tratamento e da falta de información ás familias. Acusa a ministra de transportes e a subdelegada do Goberno en Pontevedra de mentir e di que non se lles comunicou cando ía sair o buque. Apunta que "o barco marchou sen o permiso do xuíz. Nós tiñamos pedido ante a Audiencia Nacional que embarcara un perito designado polas familias porque temos dereito. Provocóusenos unha indefensión". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade