Cargando resultados...
Marlaska acepta mostrar os vídeos do valado de Melilla
Marlaska acepta mostrar os vídeos do valado de Melilla
Unidas Podemos e outros sete partidos piden unha comisión de investigación
G24.gal
04/11/2022 07:54
O Goberno acepta mostrar aos grupos parlamentarios as imaxes gravadas o 24 de xuño cando decenas de migrantes tentaron saltar o valado de Melilla e morreron 23 deles. Poderán visionar as gravacións das cámaras fixas, as dun dron e as do helicóptero da Garda Civil.
O ministro de Interior Fernando Grande-Marlaska mudou de parecer pola presión recibida tras o documental da BBC que contradí a versión española sobre o sucedido.
Unidas Podemos e os socios de Goberno coma Esquerra e Bildu solicitaron unha comisión de investigación.