Publicador de contidos
Publicador de contidos

Interior propón rebaixar as taxas de alcol ao volante de 0,5 a 0,2 gramos

Interior propón rebaixar as taxas de alcol ao volante de 0,5 a 0,2 gramos

O ministro do Interior entende que a "sociedade española está madura" para aceptar este cambio

Grande-Marlaska explica que en máis da metade dos sinistros de tráfico aparecen o alcol e as drogas como elemento determinante 

G24.gal 12/09/2024 11:21 Última actualización 12/09/2024 11:57

O ministro do Interior Fernando Grande-Marlaska aposta por iniciar os trámites parlamentarios para baixar a taxa de alcol permitida ao volante e reducila dos 0,5 actuais aos 0,2 gramos por litro de alcol en sangue.

O ministro explicou que Interior aposta por introducir este cambio atendendo á petición das asociacións afectadas pola "violencia viaria", que deixou 241 falecidos no balance deste pasado verán. 

Nun almorzo informativo organizado polo Forum Europa indicou que a "sociedade española está madura" para aceptar este cambio, que permitiría reducir aínda máis a sinistralidade das estradas. Segundo dixo: "En máis da metade dos accidentes aparecen o elemento do alcol e outras drogas como determinantes".

Fontes do Ministerio do Interior explicaron que a intención é que, asumindo a proposta da Dirección Xeral de Tráfico (DXT), a taxa xeral quede reducida a 0,2 gramos por litro de alcol en sangue, fronte aos 0,5 actuais.

Segundo estas fontes, o cambio levaríase a cabo mediante o artigo 20 do regulamento xeral de circulación, o que implicaría o concurso das diferentes forzas parlamentarias para que se aprobe.

Deste xeito, España aliñaríase con outros países como Suecia. En xuño xa se expuxo a medida da rebaixa, pero para condutores noveis e profesionais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade