Martes 13: o turismo fai caso omiso da superstición nun día aciago segundo o refraneiro
Martes 13: o turismo fai caso omiso da superstición nun día aciago segundo o refraneiro
A tradición de día maldito entronca coa herdanza romana e a súa fusión coa cristiá
Non son poucos os que devecen por que remate este día. Martes e trece. Unha chea de refráns populares deostan o número e o día da semana, máis se van xuntos.
Martes trece, nin cases nin embarques. Algúns engaden nin da casa apartes. Pero o turismo obvia o refrán máis famoso do día antes de deixar de viaxar.
"Rezar durante o voo para que non caiamos", "se houbese fila 13 sentaba igual" ou
"algo de medo dáme o avión, pero non como para non subir un martes e trece" son algunhas das respostas dos viaxeiros no aeroporto da Lavacolla, en Santiago.
Eles non sofren triscaidecafobia, a fobia visceral ao número trece, que de cadrar en martes se dispara. Quen máis quen menos coñece alguén supersticioso.
Martes e trece non sempre nin para todos significa mala sorte, como nos conta outro turista que naceu tal día coma hoxe hai 25 anos, ou outro ao que o martes trece lle funciona.
Mesmo para algúns é o seu número favorito. De feito, é un dos números que antes se esgota na Lotería Nacional.
Noutros lares, é outro día o maldito: o venres 13.
Pero hoxe en Santiago, a mala sorte do día para algúns turistas era a chuvia.
Mesmo nas supersticións... nunca chove a gusto de todos.