Publicador de contidos
Publicador de contidos

Martes 22/02/2022, unha data capicúa no calendario

Martes 22/02/2022, unha data capicúa no calendario

Martes 22/02/2022, unha data que se le o mesmo do dereito e do revés

En 2012 tamén se rexistrou o mesmo fenómeno, pero pasou inadvertido ao coincidir co martes de Entroido

G24.gal 22/02/2022 21:08

Na Universidade da Coruña falamos co catedrático emérito de Álxebra José María Barja sobre a curiosidade que esperta que apareza no almanaque unha data cun número capicúa ou palíndromo, o 22/02/2022.

"É un problema da forma de escribir o número. De feito, cando os americanos se refiren a unha data, como din primeiro o mes e despois o día e logo o ano, xa non é o mesmo, xa non coincide", argumenta o profesor Barja.

O palíndromo anterior foi en 2012, pero pasou inadvertido para os galegos. "O 21 de febreiro de 2012 tamén foi. E por que non se falou nada ou non nos acordamos? Porque nada menos era martes de Entroido", explica o profesor.

Cada sociedade ten a súa maneira de nomear as datas. Tampouco coinciden coa nosa a chinesa e a xaponesa. De feito, este martes no Xapón é o día do gato. "Para un xaponés o día de hoxe é o nyan, nyan, nyan. A pronuncia é como se fose un gato".

Dentro de 10 anos haberá unha nova data capicúa. Será o 23-F de 2032. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade