Publicador de contidos
Publicador de contidos

Martinón: "A vacina pediátrica é segura, eficaz e conveniente para os nenos"

Martinón: "A vacina pediátrica é segura, eficaz e conveniente para os nenos"

O preparado infantil de Pfizer esta comprobado cientificamente non só en ensaios clínicos, senón tamén coa vacinación directa de máis de seis millóns de nenos e nenas en Israel e Estados Unidos

G24.gal 10/12/2021 14:10

O xefe do Servizo de Pediatría do Complexo Hospitalario de Santiago e asesor de vacinas da Organización Mundial da Saúde, Federico Martinón Torres considera que é unha sorte e un luxo que no noso país poidamos vacinar os máis pequenos. 

"É unha vacina boa, segura e eficaz; e, ademais, sabémolo non só cos datos dos ensaios clínicos, senón despois de administrala a millóns de nenos nos Estados Unidos e Israel, onde xa levan meses vacinando este grupo de poboación", explica o doutor e investigador do CHUS.

Federico Martinón defende a conveniencia de vacinar os nenos de entre 5 e 11 anos, recoñecendo que nesa idade non adoitan desenvolver síntomas graves, pero que o risco non é cero.

"Outro beneficio adicional para os nenos ten que ver coa calidade de vida, que vai ser máis plena: unha actividade máis normal, libre de corentenas, poder viaxar... E ademais, non se deu caso de ningunha variante que sexa peor para os nenos pero, no caso de que aparecese, xa estarían vacinados", advirte.

A vacina pediátrica é un terzo da dose da de adultos, porque os nenos teñen mellor resposta inmune. Tamén é menos frecuente que desenvolvan efectos secundarios. Evitar gromos e aumentar o nivel de protección dos nenos nas aulas dependerá da porcentaxe deles que estean vacinados. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar