Cargando resultados...
Matan un mozo afroamericano de 28 anos en Virxinia ao tentar inmobilizalo entre sete policías
Matan un mozo afroamericano de 28 anos en Virxinia ao tentar inmobilizalo entre sete policías
Estaba esposado, tiña os nocellos encadeados e cando tentaron reanimalo xa era tarde
Acusan os policías e o persoal do hospital de asasinato en segundo grao
G24.gal
23/03/2023 08:21
Novo vídeo de brutalidade policial nos Estados Unidos. Un mozo afroamericano de 28 anos faleceu asfixiado nun hospital psiquiátrico de Virxinia. Durante once minutos, sete axentes e persoal médico inmobilizárono no chan da clínica ata deixalo sen respiración. Estaba esposado e tiña os nocellos encadeados. Cando tentaron reanimalo, xa era tarde.
A fiscal do condado acusa agora os axentes e tres empregados do hospital de asasinato en segundo grao.