Cargando resultados...
Mateo e Sofía son os nomes preferidos polos galegos para os seus cativos
Mateo e Sofía son os nomes preferidos polos galegos para os seus cativos
Os nomes máis comúns en Galicia son Manuel e María do Carme
G24.gal
18/05/2022 21:12
Última actualización 18/05/2022 22:03
Sofía e Mateo son os nomes que máis triunfaron entre os cativos galegos durante o ano 2020, seguidos de preto por Martín e Noa. Lucas, Hugo, Martina ou Lara son outros dos elixidos.
Cambian os tempos e tamén as modas, mesmo os nomes, pero o certo é que malia as tendencias dos últimos anos, en Galicia preto de 68.500 homes chámanse Manuel, Xosé é o seguinte na lista, e o terceiro Xosé Manuel. Nas mulleres o máis común é María do Carme; sesenta mil levan ese nome.
Entre Enzo, Gael ou Brais, tamén están Manuel e Daniel como algúns dos nomes preferidos para os nenos que acaban de chegar. O mesmo pasa con Lucía ou Sara entre as nenas.