Mazón anuncia menos impostos, vicepresidencia de Igualdade e derrogar a taxa turística
Mazón anuncia menos impostos, vicepresidencia de Igualdade e derrogar a taxa turística
Carlos Mazón foi investido presidente da Generalitat valenciana cos votos a favor do PP e Vox
Carlos Mazón, do Partido Popular, é o novo presidente da Generalitat valenciana co apoio de Vox, que integra no Goberno cunha vicepresidencia e tres consellerías. O debate comezou coa intervención do único candidato que escoitou e respondeu ás intervencións dos outros grupos do Parlamento valenciano: PSPV-PSOE, Compromís e Vox.
O president anunciou para esta lexislatura menos impostos, a derrogación da taxa turística e a continuidade da Conselleria de Igualdade con rango de Vicepresidencia, porque, advertiu tras condenar a "violencia machista", hai asuntos que "exceden calquera actuación partidista" e nin os deputados "nin o conxunto da sociedade poden negar".
Prometeu a reclamación da auga e o financiamento autonómico que "merece e necesita" a Comunitat Valenciana, a recuperación dos sinais de identidade valencianas, cunha lei especifica, e un plan de industrialización.
A votación resultou con 53 votos a favor, grazas aos 40 deputados do PP e os 13 de Vox. En contra, votaron os 31 deputados do PSPV-PSOE e os 15 de Compromís.
Igualdade terá rango de Vicepresidencia
Anunciou tamén que Igualdade terá o rango de Vicepresidencia e ademais coordinará todas as políticas transversais en materia de igualdade do Goberno valenciano e denunciou a "violencia machista".
"Hai cuestións que exceden calquera actuación partidista e que transcenden da propia linguaxe, e nin nós, señorías, nin o conxunto da sociedade poden negar", afirmou, e avogou por "repudiar calquera tipo de violencia que se produza en calquera ámbito laboral, machista, intrafamiliar, de xénero ou de identidade sexual, racial e en calquera das súas formas".
Agredecemento a Vox e ao presidente en funcións Ximo Puig
Agradeceu especialmente aos 13 deputados de Vox polo pacto de goberno alcanzado, pero tamén destacou o acordo con Compromís para dotar da máxima pluraridade a Mesa de Les Corts, e agradeceu ao president en funcións Ximo Puig a súa predisposición no traspaso e a continuidade dos investimentos.
Identidade e axenda valenciana
Carlos Mazón comprometeuse a garantir "a obrigada e esquecida reivindicación da axenda valenciana" en materia de infraestruturas, orzamentos xerais do Estado ou captación de fondos europeos.