Mbappe amósalle á Real Sociedade a dureza da Liga de Campións
Mbappe amósalle á Real Sociedade a dureza da Liga de Campións
O PSG logrou o pase gañando por 1-2 en San Sebastián
O Real Madrid, vindeiro rival do Celta, xoga co Leipzig co 0-1 apañado en Alemaña
O París Saint Germán baixou á terra a unha Real Sociedade que fixo unha gran fase de grupos na Champions pero que se atopou nos oitavos de final coa verdadeira dureza da competición. Sobre todo porque enfronte estaba Kylian Mbappé, que encamiñou a eliminatoria no partido de ida (2-0) e acabou por decidir a volta con dous auténticos golazos (1-2).
Esa velocidad. Ese regate. Esa definición.
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) March 5, 2024
Mbappé enmudece el Reale Arena.#UCL #LaCasaDelFútbol pic.twitter.com/Com748aS1t
O equipo de Luis Enrique manexou á perfección o partido e impediu que a Real tivese opcións reais de entrar na eliminatoria. No segundo tempo volveu aparecer o implacable Kylian para demostrar que quere despedirse en grande do PSG antes de recalar, moi posiblemente, noutro equipo da Liga.
El 99,9 % de los delanteros definirían al palo largo...
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) March 5, 2024
𝐏𝐞𝐫𝐨 𝐌𝐛𝐚𝐩𝐩𝐞́ 𝐞𝐬 𝐝𝐢𝐟𝐞𝐫𝐞𝐧𝐭𝐞.#UCL #LaCasaDelFútbol pic.twitter.com/myAYmQmEOw
No tempo engadido, a Real Sociedade recortou diferenzas cun gol de Mikel Merino, demasiado tarde para ter algunha opción na eliminatoria.
O Real Madrid, a sentenciar contra o Leipzig
O vindeiro rival do Celta, o Real Madrid, disputa o mércores a volta dos oitavos de final da Liga de Campións ante o Leipzig. Parten os brancos cunha vantaxe dun gol tras o 0 a 1 en Alemaña. Ancelotti recupera a Bellingham e Rudiger, que non disputaran o partido de ida. Para o técnico italiano, o seu equipo xoga gran parte da temporada neste partido.