Publicador de contidos
Publicador de contidos

Medidas preventivas en Lugo ante a escaseza de auga antes da declaración de alerta por seca

Medidas preventivas en Lugo ante a escaseza de auga antes da declaración de alerta por seca

Reduce a auga empregada na limpeza de rúas e conservación de xardíns

En zonas da Mariña houbo que restrinxir o uso a cuestións esenciais

G24.gal 19/08/2023 14:23 Última actualización 19/08/2023 14:37

Son medidas preventivas, pero o Concello de Lugo xa aplica varias pautas para reducir o consumo de auga, adiantándose así a unha declaración de alerta por seca. De momento, utiliza un 30 % menos de auga para a conservación de xardíns e tamén emprega un 50 % menos no baldeo das rúas.

Desde a Concellaría de Transición Ecolóxica apelan a facer un uso responsable da auga. Garanten a prestación dos servizos públicos, pero facendo unha utilización eficiente dos recursos. Hai outros concellos da provincia, sobre todo situados na Mariña, onde xa teñen que aplicar restricións.

Está prohibido utilizar a auga para usos non esenciais, por iso non hai auga nas duchas das praias nin se pode empregar para encher piscinas ou regar. Son medidas que precisan da implicación da cidadanía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade