Cargando resultados...
Medio cento de informantes asesoran o voluntariado nos areais
Medio cento de informantes asesoran o voluntariado nos areais
Coordinan o labor das persoas que participan na limpeza do granulado de plástico para axustarse ao protocolo
G24.gal
13/01/2024 15:22
Última actualización 13/01/2024 21:34
Esta fin de semana achegouse moito voluntariado ata os areais galegos para colaborar na limpeza do granulado de plástico. A consellería de Política Social mobilizou 56 informadores en 28 concellos para coordinar o seu labor e axustalo ao protocolo.
Encárganse de asesorar estas persoas para levar a cabo unha recollida organizada que non dane o ecosistema costeiro. Entre outras cousas, indican o lugar onde depositar os residuos, como recollelos para non enterralos na area ou para preservar as dunas.