Publicador de contidos
Publicador de contidos

Medio milleiro de cegoñas crían na provincia de Ourense

Medio milleiro de cegoñas crían na provincia de Ourense

Non agardan polo san Brais, e adiantan a migración a novembro ou decembro

Na comarca da Limia hai preto de 270 niños

Cegoñas en San Pedro de Laroá, en Xinzo
G24.gal 04/02/2023 14:26 Última actualización 04/02/2023 15:31

Para os habitantes de San Pedro de Laroá, en Xinzo, as cegoñas son uns veciños máis.

"Témolas de veciñas. Non temos veciño máis cerca ca elas", ri unha veciña.

Están pendentes da súa chegada, que cada ano se adianta máis. "Este ano viñeron bastante cedo. E mola, porque as ves aí traballando...", comenta unha panadeira que percorre as aldeas da zona.

Supervisan a súa instalación: as reparacións nos niños avariados pola invernía, e a construción dalgún novo. Nesta barriada xa hai máis dunha ducia.

"Agora ímoslle cambiar o nome á aldea: San Pedro das Garzas, ou algo así", comenta outro veciño coa súa retranca.

A convivencia, iso si, non sempre é sinxela: "Póñense na punta do faro, co cu para fóra, e veña", explica un veciño mentres nos ensina o capó do seu coche, cheo de excrementos.

Pero case todos están desexando velas chegar. Manuel Cid, veciño de Maceda, foi testemuña do seu asentamento na zona: de catro niños que había hai vinte anos, a uns corenta na actualidade. Regresan cada ano, en parellas estables. "A femia é a que vén primeiro, e unha semana ou dúas despois, o macho"

Pero é na comarca agraria da Limia, a antiga lagoa de Antela, destino de gran variedade de aves migratorias, onde se asenta unha das maiores colonias de Galicia, con preto de 270 niños habitados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade