Publicador de contidos
Publicador de contidos

Medio Rural actualiza o Rexistro Vitícola axudado pola intelixencia artificial

Medio Rural actualiza o Rexistro Vitícola axudado pola intelixencia artificial

Ter datos reais da superficie de viñedo era unha demanda histórica do sector

O rexistro actuliazado estará dispoñible para a vendima de 2024

 

G24.gal 10/08/2023 14:00

Determinar canto viñedo hai hoxe en Galicia, onde está, quen o traballa- se é que non está abandonado- son cuestións clave para as denominacións. Por iso, Medio Rural comezou a actualizar o Rexistro Vitícola valéndose de fotos de satélite e intelixencia artificial. 

"Actualizar o rexistro era unha demanda unánime dos operadores das denominacións, é un traballo moi relevante para o futuro dun sector tan importante como é o vitivinícola", explica José González, conselleiro do Medio Rural.

Malia o bo momento polo que atravesa o viño galego, medrando en vendas e prestixio nos mercados internacionais, a superficie de viñedo e de viticultores tende a baixar. Ter as cifras reais é, para o sector, a base para deseñar estratexias contra o abandono e a falta de remuda. 

"Ata onde sei, o rexistro levaba 30 anos sen se actualizar. É fundamental saber o número de hectáreas produtivas en cada zona e cantos viticultores activos temos. En base a eses datos podemos establecer obxectivos", engade Juan Manuel Casares Gándara, presidente do Consello Regulador do Ribeiro.

Aínda quedan por contrastar nos viñedos os datos obtidos por satélite e abrir unha fase de alegacións. Está previsto que o rexistro actualizado estea dispoñible para a vendima de 2024.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade