Publicador de contidos
Publicador de contidos

Medio Rural destina máis de 2 millóns de euros a axudas para aldeas modelo

Medio Rural destina máis de 2 millóns de euros a axudas para aldeas modelo

As aldeas modelo, os polígonos agroforestais e as permutas mobilizaron máis de 10.000 hectáreas sen uso

O conselleiro do ramo, José González, visitou as melloras realizadas na parroquia de Pedrosa, en Riós

G24.gal 26/02/2023 14:28 Última actualización 26/02/2023 14:53

Ata o vindeiro 2 de marzo os concellos rurais galegos poden solicitar axudas para proxectos de creación, mellora e ampliación de servizos básicos en aldeas modelo ou nas zonas de polígonos agroforestais.

As axudas a aldeas modelo serviron, no caso da de Pedrosa, no concello de Riós, para acondicionar a praza principal. O seguinte paso será preparar as máis de 50 hectáreas que rodean o núcleo para desenvolver proxectos de gandería de vacún.

Nas 21 aldeas modelo espalladas por Galicia, búscase un desenvolvemento territorial equilibrado das economías e comunidades rurais e coa vista posta no emprego.

Este ano hai máis de dous millóns de euros dispoñibles para as aldeas modelo e os polígonos agroforestais. Estas iniciativas, xunto co modelo de permutas, mobilizaron máis de 10.000 hectáreas de terreos que estaban sen uso. 

As axudas van destinadas a todo tipo de proxectos, dende novas tecnoloxías ata equipamentos, servizos ou, coma neste caso, obras públicas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade