Publicador de contidos
Publicador de contidos

Medra a contratación de seguros de viaxes un 15 % en Semana Santa

Medra a contratación de seguros de viaxes un 15 % en Semana Santa

A xente prefire gastar un pouco máis e asegurarse de que non perde os cartos da viaxe en caso de ter que cancelala

G24.gal 25/03/2024 14:41

O que medra tamén é a contratación de seguros á hora de viaxar, un 15 por cento esta Semana Santa. Unha tendencia á alza que se mantén dende a saída da pandemia. A xente prefire gastar un pouco máis e asegurarse de que non perde os cartos da viaxe en caso de ter que cancelala.

A pandemia marcou un antes e un despois na contratación de seguros de viaxes. Din nas axencias de viaxes que agora un 95 por cento contrata un seguro de cancelación, que antes había que intentar vendelo e agora xa son os propios clientes os que o piden.

Para viaxes nacionais, o seguro de anulación é o máis demandado, para viaxar ao estranxeiro acostuman incluír ademais asistencia médica.

O prezo depende do destino e dos días, pero está nos 100 euros de media con coberturas de máis de 200.000 euros, polo que, din os axentes de viaxes, en caso dun accidente ou de enfermidade sae moi barato.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade