Publicador de contidos
Publicador de contidos

Medra o interese pola venda de alimentos a baixo prezo para evitar que acaben no lixo

Medra o interese pola venda de alimentos a baixo prezo para evitar que acaben no lixo

Cada ano en España tíranse máis de 1.300 millóns de quilos de alimentos

Aplicacións para móbil posibilitan mercar sobras de comida a un terzo do seu prezo de venda

En Galicia aumentan os negocios de alimentación que se suman á venda de restos a baixo prezo para evitar que acaben no lixo

 

G24.gal 25/01/2022 21:22

Nalgunhas tendas o que sobra non se tira. Aprovéitase e ponse á venda a prezo reducido. O cliente solicita o seu paquete a través da aplicación que logo ten que ir recoller, pero o que vai dentro é sorpresa. "Cada quen leva produtos en función do que teñamos cada día", afirma a empregada da tenda Concepción Carro. 

Os alimentos que se ofertan a través deste sistema son case tres veces máis baratos. O único que se reduce é o prezo, non a calidade. "Os paquetes valorados en 12 euros vendémolos a 4,20 euros", apunta a empregada.

A pasteleira Daiane Valentim elabora tortas e pasteis artesáns. Tamén doces típicos da súa terra, Brasil. Di que cada vez son máis os clientes que lle fan pedidos ao final do día. Asegura que desde que emprega este sistema "o que queda non vai máis para o lixo e cada vez son máis os clientes que veñen mercar os seus doces".

Aproveitar os restos contribúe amais á sostibilidade do medio. "Axudamos ao planeta porque non tiramos", di Daiane. Concepción engade que "temos unha nai nova con rapaces pequenos que lles está a aprender valor da comida aos seus fillos con este método".

Porque deste xeito non só se reducen os residuos tamén se mellora o aproveitamento dos recursos do noso planeta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade