Publicador de contidos
Publicador de contidos

O 70% das persoas de 65 a 74 anos utiliza Internet en Galicia

O 70% das persoas de 65 a 74 anos utiliza Internet en Galicia

Medra o número de xubilados usuarios das redes

G24.gal 08/01/2023 14:02 Última actualización 08/01/2023 14:11

Julio é funcionario xubilado, ten 76 anos, e manexa Internet perfectamente.

Julio é unha persoa socialmente moi activa, presidente da asociación de xubilados de Lugo e un loitador para a defensa dos dereitos dos maiores. No Facebook ten uns 1.500 amigos e utiliza o Whatsapp de xeito habitual. En xeral, é unha persoa adaptada ao cambio dixital, que entra dentro do perfil do estudo publicado pola Xunta, segundo o cal, o 70% das persoas entre 65 e 74 anos utiliza Internet.
Con todo, Julio cre que a brecha dixital máis grande está no rural e que habería que solucionalo.

Visitamos un centro social público da terceira idade. Aquí ofrécense de balde cursos de informática para os xubilados.

Os usuarios do centro cos que falamos non teñen moito interese polas tecnoloxías.

Segundo a Xunta, nos últimos cinco anos incrementou nun 50% o número de usuarios no tramo de idade entre os 65 e os 74 anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade