Publicador de contidos
Publicador de contidos

Mellora a situación en Ferrolterra e no Eume, onde a chuvia concedeu unha tregua

Mellora a situación en Ferrolterra e no Eume, onde a chuvia concedeu unha tregua

Ferrol, Fene, Narón e Cabanas son os municipios máis afectados polas intensas precipitacións

G24.gal 25/12/2022 14:30 Última actualización 25/12/2022 15:34

En Cabanas, sete das casas situadas na avenida da Madalena, moi preto da praia, quedaron anegadas. Todas están situadas por baixo do nivel do mar e os veciños, que piden solucións, cruzan os dedos para que as preamares non volvan coincidir con precipitacións tan intensas como as dos últimos días. Pasaron a Noiteboa achicando auga e recuperar a normalidade aínda lles levará uns días.

Sucede o mesmo en Narón, onde o rebordamento do río Freixeiro inundou o parque e varias casas. Hoxe tocou continuar co achique e a limpeza. Os danos son moi importantes.

Ferrolterra e o Eume foron as comarcas coruñesas máis afectadas polas trombas de auga. A chuvia cesou nas últimas horas e a situación mellorou considerablemente, tamén na rede viaria, onde se circula con normalidade.

Para as vindeiras horas agárdase chuvia, pero moito menos intensa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade